INFANTIL E ALGÚNS GRUPOS DE PRIMARIA ÍMONOS CARTEAR COS NENOS E NENAS DO CEIP ENRIQUE BARREIRO PIÑEIRO DE CAMBADOS, FIXEMOS UN MURAL COAS NOSAS CARTAS, E ESPERAREMOS AS SÚAS PARA COLGAR AS RESPOSTAS...
14.3.09
CARTAS QUE VEÑEN E VAN
INFANTIL E ALGÚNS GRUPOS DE PRIMARIA ÍMONOS CARTEAR COS NENOS E NENAS DO CEIP ENRIQUE BARREIRO PIÑEIRO DE CAMBADOS, FIXEMOS UN MURAL COAS NOSAS CARTAS, E ESPERAREMOS AS SÚAS PARA COLGAR AS RESPOSTAS...
O DIA DO PEÓN
CONCURSO DE POSTAIS E CALENDARIOS
En Nadal en Infantil e Primaria organizamos un concurso de postais cun lema animando ao uso do galego, eleximos unha de cada ciclo e levamolas á imprenta para que os reis Magos as regalaran ao alumnado no festival.
Tamén agasallaron os reis cuns almanaques de peto, o alumnado da ESO participou nun concurso para elexir a portada do calendario.
A nivel centro fixemos un calendario de mesa, cada mes levaba as fotos dun curso, este foi vendido polo alumnado de ESO para a súa excursión de fin de curso.
XOGA CO GALEGO
Esta actividade englobou a todo o centro, o alumnado da ESO pertencente ao noso equipo percorreu as clases de primaria e secundaria para animar a que participasen. Trátase de cubrir unhas preguntas relativas á cultura ou tradición galegas e introducilas na urna, canto mellores sexan as respostas e mais veces participes, obterase maior puntuación para acadar un regalo. Os regalos déronse no festival de Nadal.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)