18.2.09

COLABORACIÓN COA CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E SAMAÍN





O MAGOSTO e SAMAÍN: o noso equipo encargouse da ambientación do centro para tal ocasión, mentres en actividades extraescolares deseñaron os xogos, os espazos e os tempos para a celebración. Todo o colexio participou na ambientación do seguinte xeito:

* ESO: encargáronse de dividir os taboleiros por ciclos, colocar as letras da exposición e decorar as paredes anexas.

* Infantil: prepararon unha estrofa dunha poesía por aula relativa a unha castaña.

* 1º ciclo de Primaria: recompilaron refráns e adiviñas en galego propios desta época do ano. Recolléronos en castañas e nun acio de uvas.

* 2º ciclo de Primaria: recolleron receitas de cociña con froitos do outono.

* 3ºciclo de Primaria: narraron labores do campo relativas a esta época do ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario